Buscar este blog

miércoles, 10 de marzo de 2010

XOGOS PARA DARLLE O COCO



Se queres entreterte un rato , pero o mesmo tempo seguir dándolle voltas o coco investiga e xoga AQUÍ.

TECNICAS DE ESTUDO



jueves, 4 de marzo de 2010

Enlaces a recursos de traballo



Ola, estou facendo unha pequena selección de páxinas interesantes para ir traballando algúns dos contidos máis importantes deste curso, algúns xa traballados, outros en pleno proceso e outros a piques de comezar

Son de enlaces que soemos visitar cando temos sesións de ordenador e que constitúen una boa opción para repasar a materia, esta vez dunha forma máis amena e lúdica.

Podes acceder a eles dende aquí:

Verbos

Proporcionalidade e porcentaxe

Rectas e ángulos

Figuras planas

Números enteiros e coordenadas

Substantivo:xénero e número

Os pouquiños ire achegándovos máis.

miércoles, 3 de marzo de 2010

Como é unha sesión máis lúdica e "festiva"

Excepcionalmente nas vésperas das vacacións ou celebracións máis lúdicas, cambiamos a rutina das sesións do Proa por actividades máis lúdicas: xogos e pasatempos, ordenadores ou proxección dalgún corto de animación ou película.

Un exemplo da organización destas sesións sería a realizada coa excusa do Samaín. No que primeiro realizamos una pequena visualización de vídeos explicativos, que sempre lles motiva máis ( ambientando un pouco a clase para meternos no tema) do tipo das seguintes:


A continación traballamos algúns aspectos máis académicos,pero cun toque festivo , con actividades como as que mostramos aquí.
Pero tamén tivemos tempo para a diversión con actividades coma estas ou videos coma este:
Como vedes hai tempo para traballar e para xogar, pero sen esquecernos moito do enfoque do plan . Pero non pensedes que todo e troula, os nenos traballan e moito, aínda que nos coma mestre sempre queremos que traballen máis, para que se sintan más seguros, máis cómodos no día a día e esa seguridad e traballo se reflexe despois nas clases e exames.

Como se preparan os exames no Proa?



Estase a repasar en pequenos grupos, ou parellas mediante exercicios e fichas de reforzo das materias, simulacros de exames, lectura comprensiva da materia de exame,etc. Neste segundo trimestre, acabamos de comezar a traballar neste sentido os esquemas e resumos, fundamentalmente centrados na materia de coñecemento do medio, e gramática galega e castelá, pero aínda queda moito traballo por facer

Como se trata o tema dos deberes nas nosas clases?


Os deberes non son obxectivo do Proa, aínda así , dado que os titores os mandan j0301252como reforzo dos conceptos traballados na clase e forman parte do estudio do neno, decidimos dedicarlle unha pequena porción das clases. Traballándoos entre 40-45 minutos. Nos que buscamos solucionar dúbidas, reforzar explicacións, aprender a ler os enunciados a descifrar o que nos piden y buscar solucións o traballo. Buscando que sexa o neno o que traballe , nos simplemente orientamos. Recordade que os deberes están pensados para que o neno reforce contidos, é el o que ten que ir o exame, non os profesores de apoio ou os pais. Polo que haberá aspectos que precisen máis tempo que outros para asentarse, máis ou menos explicacións, máis ou menos práctica,etc.

Que contidos traballamos mais a fondo?



Cálculo e razoamento matemático: traballase axustando a materia a medida do posible o tema de matemáticas que están traballando na clase, a través de fichas de reforzo, fichas máis lúdicas centradas no cálculo e razoamento, etc. Un pequena mostra do tipo de traballos podédela ver aquí, aquí, aquíou aquí


Lectura comprensiva: lecturas en grupo, preguntas e actividades relacionadas coas lecturas,etc. aquí, aquí.


Expresión escrita: Búscase a práctica no traslado das ideas da cabeza o papel, buscando que esta exposición sexa coherente e organizada. Traballándose mediante fichas específicas, pequenas redaccións, verbalizacións en grupo,etc. Por exemplo do estilo das que podes consultar aquí.


Gramática, Ortografía,etc: Traballándose con actividades concretas nas que por un lado inténtase traballar o día a día o mesmo que están a traballar nas clases, e cando a ocasión o permite reforzando aspectos xa traballando e introducindo outros que van traballar en breve. Unha pequena mostra do tipo de actividades que estamos traballando a temos. aquí e aquí .



OBXECTIVOS DO PROA NO CENTRO



As clases están pensadas para ser un reforzo, para solucionar dúbidas, reforzar conceptos e contribuír xunto coas demais actuacións : traballo titores, esforzo persoal alumno/a, apoios familiares , e axudar de forma conxunta a subir un pouco o nivel e rendemento xeral dos nenos/as.

Entre os obxectivos que marca a Administración para este programa, o os que nos acollemos encóntranse:

- Mellorar as destrezas básicas dos alumnos en Lingua e Matemáticas.
- Aprender a planificar e organizar o traballo.
- Adquirir técnicas e hábitos de traballo e estudio.
- Aumentar as expectativas educativas dos alumnos.
- Mellorar a integración social do alumnado no grupo e no centro.
- Etc.

Deixámosvos un enlace a información da xunta relativa o tema, por si vos interesa http://www.edu.xunta.es/portal/mostrarfile?tipoRecursoCampoID=72e4e373-c0a8fd03-006e7a5b-a9a0b568&recursoID=79ba830e-0ab4f107-1698afb0-bd3784f3&lleng=gl

Nace o noso blog



Ola compañeiros, pais, alumnos e demáis visitantes, damos por inagurado o noso blog para o Plan Proa do CEIP PIÑEIRIÑO

En breve disporedes nesta páxina de artigos informativos de interese para entender un pouco mellor os nosos fillos e para saber como traballar certos aspectos que nos interesan do seu entorno académico: como traballar a lectura comprensiva, como traballar e reforzar o estudo na casa ,etc e contribuir así, entre todos a reforzar o nivel e desenvolvemento dos noso fillos e alumnos.

Así mesmo subiremos se o tempo o permite, enlaces interesantes para poder traballar no tempo de lecer nas casas, aqueles conceptos traballados durante as clases, pero esta vez dunha forma un máis lúdica.
Invitámosvos a participar, entretervos e solucionar todas aquelas dúbidas que poidades ter, por esta canle e polas xa habituais.

Unha forte aperta e esperamos que disfrutedes con esta nova experiencia